Select Page

2.3.b.8. Facer zoom a xeometrías

A Capa de Traballo en edición pode conter multitude de xeometrías situadas en puntos moi distantes do mundo. Con obxecto de poder achegar o mapa a elas dunha forma eficiente prevíronse dúas formas de zoom:

A) Utilizar a ferramenta de “Zoom a Xeometría”  da Barra de Ferramentas de Debuxo, que presenta un submenú cos seguintes botóns:

  •  – Achega o mapa ás xeometrías seleccionadas
  •  – Achega o mapa a todas as xeometrías debuxadas.

B) Utilizar a Ferramenta de Seleccionar por Lista  situada no submenú de botóns da ferramenta de Seleccionar  que presenta todas as xeometrías debuxadas no Panel de Resultados e fai zoom á calquera delas cun clic na súa fila