Versións de Instrumento
Durante os procesos administrativos de autorización e control é habitual que os Instrumentos Operadores sufran cambios, nuns casos como esixencia para a súa aprobación, noutros casos como adecuación á realidade executada. Por iso en cada momento de tramitación o contido do Instrumento adoita ser distinto.
Tamén é posible, sobre todo no Inventario de Plan, que unha revisión de Plan integral supoña a renovación completa da ordenación vixente.
Para resolver esta situación uThings permite que un Instrumento teña diferentes versións. O número de Versións anotado para cada Instrumento non é fixo, dependerá do número de cambios que ese Instrumento sufrise ao longo da súa tramitación e execución ou das veces que se decidiu renovar por completo un Inventario.
As Versións sempre son Integrais, é dicir conteñen a totalidade do Instrumento. Iso implica que na sucesión temporal de versións, a última substitúe completamente á anterior.
Cada Versión de Instrumento contén un conxunto de datos que a describe:
- Orde: identifica a súa posición na secuencia de versións do Instrumento. Esta posición é fundamental para asegurar o bo funcionamento das alteracións que efectúa sobre o Inventario.
- Causa: explica o tipo de acto administrativo ou causa que determina a necesidade dunha nova versión.
- Tipo: establece a función da versión na secuencia de versións e os seus efectos sobre o Inventario. Débese ter en conta que unha nova Versión que afecte o Inventario o primeiro que fai é reverter os cambios que efectuase a Versión anterior, antes de efectuar os seus. Hai tres Tipos de Versión:
- Inicial: corresponde a versións tentativas que non poden executarse sobre o Inventario. Non afectan o estado consolidado do Instrumento. Unha versión Inicial pode ser promocionada a Transitoria ou a Final.
- Transitoria: corresponde a unha Versión intermedia que pode ter efecto sobre o Inventario pero que non pecha a secuencia de Versións. Poñen o estado consolidado do Instrumento ”En Redacción” ou ”En Tramitación”. Unha versión Transitoria pode ser promocionada a Final ou degradada a Borrador
- Final: corresponde a unha Versión que pecha a secuencia de Versións. Mentres non alcance o estado de Verificada pode ser degradada a Transitoria. Poñen o estado consolidado do Instrumento ”En Redacción”, ”En Tramitación” ou ”Pechado” unha vez que a execución do Instrumento foi verificada.
A secuencia temporal das Versións é importante para asegurar que o Inventario se actualiza de forma coherente. Unha vez Verificada a Versión Final considérase que o estado consolidado do Instrumento é Pechado. Calquera modificación do Inventario que sexa preciso efectuar desde ese momento de deberá facer mediante un novo Instrumento Operador.
- Departamento: indica o órgano competente para a formulación do acto administrativo.
- Sentido de Resolución: indica o sentido da resolución do órgano competente sobre a Versión
- Data de Resolución: indica a data de celebración do acto administrativo que determina a finalización do trámite.
- Editor: identifica a organización responsable da redacción desta Versión do Instrumento.
- Documentos: arquivos complementarios, de todo tipo, adxuntos á Versión que amplíen o seu contido tales como memorias, orzamentos, anexos, documentos ambientais…
- Estado (*): o control do estado da Versión é vital para asegurar o bo funcionamento do Rexistro. Modifícase polo Administrador do Rexistro a medida que a Versión se tramita.
Os estados posibles dunha Versión son os seguintes:
- Sen Encargar: a Versión deuse de alta no Rexistro pero aínda non se nomeou ao seu Editor.
- Encargada: a Versión ten asignado Editor pero este aínda non a puxo en edición.
- En Edición: a Versión xa está dispoñible para o Editor.
- En Validación: a Versión está entregada ao Rexistro e en proceso de verificación do seu contido formal. Se o proceso de validación atopa defectos devólvese ao estado de ”En Redacción” previo informe de Desconformidades para ser corrixida polo Editor.