Select Page

1.3. Selector de Territorio de Traballo

Os usuarios anónimos, aqueles que non están rexistrados en urbiThings, poden acceder a calquera Unidade Administrativa de urbiThings pero só poden visualizar os Servizos de Mapas e Datos que a Organización Xestora de cada Unidade Administrativa haxa decidido publicar.
Por outra banda, as Organizacións e os seus Usuarios rexistrados en urbiThings poden acceder a calquera Unidade Administrativa e aos seus Servizos públicos, do mesmo xeito que os usuarios anónimos, pero ademais poderán colaborar xestionando, creando datos ou supervisando, en tantas Unidades Administrativas como teñan asignadas, segundo a capacidade que lles outorgue o Grupo de Organización e de Usuario que teñan asignado en cada un deles.
Non hai limitación no número de Unidades Administrativas nas que unha Organización pode colaborar.
Cando un Usuario rexistrado inicia unha sesión en urbiThings poderá navegar por calquera Unidade Administrativa e acceder aos seus datos públicos, pero se quere exercer a súa colaboración nunha Unidade Administrativa concreta debe seleccionala da lista de Unidades Administrativas nos que está asignado como colaborador.
Esta lista atópase na barra superior da aplicación como un despregable:

que presenta a lista de Unidades Administrativas:

Ao seleccionar un deles o sistema fará zoom á súa posición no mapa e reconfigurará a aplicación adaptándoa aos permisos que o Usuario e a súa Organización dispoñan sobre esa Unidade Administrativao.
Desde ese momento todas as operacións de colaboración circunscribiranse a esa Unidade Administrativa de Traballo: