Select Page

2.2.10. Obter metadatos dun Servizo

Os Servizos de Mapa e de Datos poden ter asociados metadatos que expliquen a súa natureza, orixe e calidade. Normalmente seguen as especificacións a Norma Internacional ISO19115 “Geographic Information-Metadata” aínda que o seu cumprimento non é obrigatorio. Para consultar este tipo de datos daranse os seguintes pasos:

  • Facer clic no Panel de Catálogo
  • Despregar a árbore ata o Servizo de Mapa do que se queren obter metadatos
  • Pulsar sobre a icona   para despregar o seu Menú de Opcións.
  • Pulsar sobre a opción ”Metadatos”

Os resultados visualizaranse no Panel de Resultados que se desprega desde a parte inferior da pantalla: