uThings é un sistema global, alcanza a calquera parte do mundo. Por iso na súa presentación inicial iníciase cunha vista mundial.
A partir dela hai diferentes modos de achegarse a unha localización determinada:
Utilizando as funcións do rato e teclado:
Virando a roda cara a adiante se ampla o mapa e cara atrás redúcese
Mantendo pulsada a roda, ou calquera dos botóns e desprazando o rato desprázase tamén o mapa
Mantendo pulsada a tecla Shift e o botón esquerdo do rato pódese indicar unha xanela de zoom para ampliar o mapa.
Mantendo pulsada as teclas Alt+Shift e o botón esquerdo do rato pódese indicar unha xanela de zoom para reducir o mapa.
Utilizando as ferramentas de navegación: no Panel de Ferramentas sempre está presente a barra principal de ferramentas con varios botóns de axuda á navegación:
Man: activa o desprazamento do mapa por arrastre co rato
Zoom aumentar: permite indicar unha xanela de zoom para ampliar o mapa
Zoom reducir: permite indicar unha xanela de zoom para reducir o mapa
Coordenadas: permite indicar coordenadas en diversos formatos para achegar o mapa a un punto xeográfico concreto.
Zoom inicial: devolve o mapa á posición de zoom inicial.
Utilizando as ferramentas de procura: todos resultados dos Contextos de Procura permiten facer zoom á súa posición facendo clic sobre eles.