Select Page

2.2.3. Descargar Servizos do Catálogo

Os Servizos de Mapas e Datos dunha Unidade Administrativa que xa non se necesiten poden ser simplemente desactivados ou ben ser completamente descargados do Catálogo. En calquera momento poden volver ser cargados desde o Panel de Buscar.
Para descargar Servizos seguiranse os seguintes pasos:

  • Seleccionar o Servizo, Cartafol ou Unidade Administrativa a descargar achegando o cursor ao seu Menú de Opcións:

  • Pulsar sobre a icona  para despregar o seu Menú de Opcións.
  • Pulsar sobre a opción “Extraer do Catálogo”


A Unidade Administrativa, o Cartafol ou o Servizo eliminaranse do Catálogo e deixarán de ser visibles no Mapa ou nas Consultas.