Select Page

2.2.6. Utilizar as Capas de Traballo

As Capas de Traballo permiten editar a xeometría de elementos vectoriais. Hai tres tipos:

  • Capa de Debuxo: é unha capa temporal para o debuxo e medición de toda clase de elementos xeométricos, o seu contido pérdese ao finalizar a sesión salvo que se garde como un ficheiro KML.
  • Capas de Entidades: cada unha permite editar un dos tipos de elementos de uThings susceptibles de ter xeometría (Unidades Administrativas, Instrumentos, Entidades, Relacións ou Documentos). Os seus elementos sempre se extraen e gárdanse na base de datos de uThings.
  • Capas Externas: son capas importadas desde ficheiros vectoriais  (wkt, shp, kml,  gml…) ou servizos vectoriais (wfs, PostGIS, ArcGis, Oracle Spatial…).

As operacións gráficas realízanse mediante as Ferramentas de debuxo existentes no Panel de Ferramentas.