Select Page

Dominio de Réxime

Forma unha lista de Atributos con Carácter Funcional de ”Réxime” que formarán o dominio de expresión doutro Atributo con Carácter Funcional “Estándar” cuxo Modo de Expresión é ”De Réxime”.

Os Atributos co Carácter Funcional de “Réxime” poden formar parte de distintos Dominios de Réxime doutros Atributos e o seu Modo de Expresión poderá ser calquera excepto “Réxime”.

Por exemplo o Atributo ”Carácter de Uso” aplicado a un Atributo Estándar como o ”Uso de Vivenda” permite aos Instrumentos establecer se ese uso de vivenda é un uso ”Permitido” ou ”Prohibido” nunha Entidade. Nese caso eses dous posibles valores ”Permitido” e ”Prohibido” teñen Carácter Funcional de ”Referencia” e forman á súa vez o Dominio de Referencia do Atributo ”Carácter de Uso”.