Na barra principal do Panel de Ferramentas atópase o botón de Información , ao pulsalo o cursor cambia incluíndo un signo de interrogación
. Facendo clic nun punto do mapa o sistema executará tantas consultas como Servizos estean activos no Catálogo e dispoñan de consulta de datos:
Os resultados visualizaranse no Panel de Resultados que se desprega desde a parte inferior da pantalla:
Cando os resultados conteñen referencia a obxectos xeométricos obtidos durante a consulta, facendo clic en calquera deles o sistema fará zum á súa extensión e copiará a súa xeometría na Capa de Traballo – Debuxos. Desde onde poderá ser editada, utilizada para construír outras xeometrías ou gardada en ficheiros KML: