Select Page

Elementos que compoñen o buscador

Se o vídeo é suficiente aclaración, podes pasar ao seguinte tema: Procura de Mapas.

Explicación detallada do vídeo

Buscador

O Buscador está situado dentro do Panel de Ferramentas na parte dereita da pantalla. Facendo clic na frecha laranxa ocúltase ou se desprega o panel. Para aumentar o tamaño do panel hai que levar o cursor ao seu bordo esquerdo, manter pulsado o botón esquerdo do rato e desprazalo cara á esquerda. Se se despraza cara á dereita, o tamaño diminúe.

Compoñentes do Buscador
1. Contextos de procura

Son os tipos de datos que se poden consultar en urbiThings 🙁Mapas e XeoInformes, Direccións y Elementos de urbiThings):

Cada compoñente actívase facendo clic nel e deixa en segundo plano os outros dous mostrándoos en gris. Os datos aos que se accede a través de cada contexto de procura son moi específicos polo que a funcionalidade de filtrado da procura adaptouse ás súas particularidades.

2. Filtros de procura

Permiten acoutar a procura, dentro de cada compoñente, en función de diversos criterios que se mostrarán nos apartados seguintes:

Hai catro posibilidades para filtrar a procura:

2.1. Por texto: o buscador filtra en función do texto introducido e mostra os resultados que correspondan:

2.2. Por clic no mapa: o buscador filtra en función dun clic no mapa e mostra os resultados aplicables nese lugar:

2.3. Por debuxo no mapa: o buscador filtra en función dun polígono debuxado no mapa e mostra os resultados aplicables dentro da xeometría:

2.4. Por procura avanzada: o buscador filtra en función dunha selección de campos, mostrando os resultados que reúnen os requisitos escollidos:

3. Resultados de procura

Mostra o detalle de todos os datos que reúnen os requisitos seleccionados nos filtros de procura. Se non se seleccionou ningún filtro móstranse todos os resultados do contexto de procura escollido. Permite traballar cos resultados obtidos, facilitando a súa selección e visualización. No artigo referido ao Visualizador de Resultados pódense consultar as súas funcionalidades