Select Page

2.3.b.1. Activar as ferramentas de debuxar e medir

Hai dúas formas de activar as Barra de Ferramentas de Debuxo:

  • A primeira é utilizando o botón de Edición Gráfica e Medición   que se atopa na barra principal do Panel de Ferramentas, ao pulsalo preséntase a Barra de Ferramentas de Debuxo. Esta acción tamén supón poñer en edición a Capa de Traballo de Debuxos. Se se volve a pulsar ocúltase a Barra e péchase a edición da Capa de Debuxos.
  • A segunda é utilizando a opción de “Editar a Capa” do Menú de Opcións das Capas de Traballo no Panel de Catálogo:


En ambos os casos a Capa de Traballo que quedase en estado de edición presentará xunto ao seu nome unha icona de lapis. En todo momento unicamente pode estar en edición unha das Capas de Traballo, ao poñer en edición unha capa péchase automaticamente a activa. Os cambios nas capas non se perden mentres non se eliminen (Eliminar Xeometrías) ou se peche a sesión do navegador.